Publicador de contidos
Publicador de contidos

Edu Iglesias segue no Dakar mentres que Sainz, Nani Roma e Cristina Gutiérrez abandonan

Edu Iglesias segue no Dakar mentres que Sainz, Nani Roma e Cristina Gutiérrez abandonan

A segunda parte da crono de 48 horas confirma o desastre dos candidatos españois, con problemas de navegación, mecánicos e accidentes

G24.gal 06/01/2025 18:19 Última actualización 06/01/2025 18:34

As opcións españolas no Dakar 2025 quedaron practicamente descartadas nun final da etapa crono 48 horas que nin as peores previsións anticipasen. Carlos Sainz, Nani Roma e Cristina Gutiérrez entre os favoritos, pero tamén Isidre Esteve entre a zona media, dixeron adeus en pouco máis de 300 quilómetros nos que todo saíu mal.

A confirmación de que Sainz non poderá reeditar o título e conquistar o seu quinto ‘touareg’ chegou cando roldaba a metade da etapa do día. Con serios problemas para pasar por dous puntos de control, a navegación polas complicadas dunas de camiño a Bisha por última vez neste ano privoulle de tapar a sangría que comezou o domingo.

Mentres, Nani Roma quedou parado no quilómetro 766 cunha avaría mecánica que necesitou a axuda da asistencia, o que a efectos prácticos supúxolle o abandono efectivo. Sen Sainz nin Roma, a escuadra de Ford di adeus ao seu soño de gañar no seu regreso ao raid máis duro do mundo, e terán que esperar a 2026.

Tampouco haberá vitoria nin podio de Cristina Gutiérrez na súa primeira participación cun coche pata negra. A burgalesa quedou tirada no quilómetro 729 ata que chegou o camión de asistencia para acompañala de camiño ao vivac para abandonar.

Edu Iglesias logrou chegar na posición 105ª e segue en carreira despois de pasar a etapa máis dura deste Dakar 2005

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos