Publicador de contidos
Publicador de contidos

Edu Iglesias xa está listo para comezar este venres o seu sexto Dakar

Edu Iglesias xa está listo para comezar este venres o seu sexto Dakar

Será o único galego que compita na categoría de motos do rally máis famoso do mundo

G24.gal 02/01/2025 15:36 Última actualización 02/01/2025 15:41

O monfortino Eduardo Iglesias volve ao Dakar en 2025. Entre mañá día 3 e o 17 de xaneiro será o único galego que compita na categoría de motos do rally máis famoso do mundo, en que participará por sexta vez.

Farao de novo co dorsal número 38. A idea inicial de Iglesias era retirarse da disputa das probas máis importantes e duras do planeta. Finalmente deu marcha atrás ante os ánimos de patrocinadores e afeccionados. O monfortino recoñece que é unha modalidade que engancha e espértalle curiosidade e emoción, co estímulo dun novo percorrido na próxima edición.

"Vai ser unha edición parecida á do ano pasado. A primeira semana vai ser chave".

"Queremos mellorar. O obxectivo é estar no top 50, pero está moi caro".

A que será a sexta presenza de Edu Iglesias no Dakar perfílase como a máis esixente ata a data, tanto para pilotos como para máquinas.

Edu Iglesias xa ten todo listo para comezar.

"Xa temos as verificacións feitas. Listo para mañá facer a prólogo, que será curtiño".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos