Abre Pazolandia en Ourense, unha das citas favoritas da rapazada no Nadal
Abre Pazolandia en Ourense, unha das citas favoritas da rapazada no Nadal
É unha das citas máis agardadas nestas datas da provincia de Ourense, con actividades para todas as idades
Consolídase como o gran parque de atraccións de Nadal, con máis de 3.000 visitantes no primeiro día
De once a dúas e de cinco a oito, ata o vindeiro catro de xaneiro, a diversión esta asegurada
E xa abriu a porta o destino favorito de toda a rapaza de Ourense. Pazolandia convértese, cos seus 8.000 metros cadrados, no parque de atraccións máis grande de toda Galicia. Hai todo tipo de actividades para gastar a enerxía acumulada nestas festas.
11 en punto da mañá e moitos nenos e nenas de toda a provincia de Ourense agardaban para entrar en Pazolandia. E nesta primeira xornada veñen con moitas ganas.
E este ano entre as novidades destaca o Martelo Kamikace para os que buscan emocións fortes.
De once a dúas e de cinco a oito, ata o vindeiro catro de xaneiro, a diversión aquí esta asegurada.