Os veciños do edificio incendiado en Sada non saben cando volverán ás súas vivendas
Os veciños do edificio incendiado en Sada non saben cando volverán ás súas vivendas
A fachada permanece acordoada polo risco de caída de cascotes
Aínda co susto no corpo, moitos dos veciños do inmoble onde se rexistraba o incendio comezan a avaliar os danos. A fachada permanece acordoada polo risco de caída de cascotes.
De feito a policía xudicial da Garda Civil mantén aberta a investigación, para tratar de aclarar as causas do sucedido. Os axentes continúan recollendo probas. O lume deixou totalmente calcinada a vivenda. Moitos dos residentes no inmoble regresaban xa ás poucas horas ás súas casas, pero outros aínda non saben cando van poder facelo.
No que si coinciden todos é en que foi unha sorte que os danos sexan só materiais, porque a única persoa que tivo que ser trasladada ao CHUAC por inhalación de fume e queimaduras leves nunha man evoluciona favorablemente.