Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desaloxado un edificio de Bertamiráns por mor dun incendio

Desaloxado un edificio de Bertamiráns por mor dun incendio

O lume orixinouse nun garaxe comunitario situado no soto do edificio e afectou tres vehículos

O incendio quedou xa controlado, e os servizos de emerxencia desaloxaron o inmoble e os traballadores dun supermercado por seguridade

G24.gal 26/12/2024 09:33

Os servizos de emerxencia traballaron esta mañá na extinción dun lume orixinado nun edificio de Bertamiráns, no concello coruñés de Ames. Máis dun cento de veciños dos dez portais que conforman o edificio tiveron que ser desaloxados.

O lume iniciouse contra as 8:10 da mañá deste xoves no garaxe comunitario dun edificio que alberga ademais un supermercado. Hai tres vehículos calcinados e outros moitos afectados.

"Cando chegamos nós chegamos ao menos 2 e estaban ardendo tres coches xa daquela e nada, a nosa intervención consistiu en asegurar a zona, mirar que non houbera ningunha persoa que puidera quedar no garaxe", explicaa Óscar García, dos Bombeiros de Boiro.

O incendio quedou xa controlado, e os veciños do edificio e os empregados do supermercado, puideron volver xa a normalidade.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local de Ames, Garda Civil, Protección Civil de Ames e o GES de Brión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar