Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ollo coa hora á que tiramos o lixo

Ollo coa hora á que tiramos o lixo

Non respectar os horarios establecidos será motivo de sanción en Santiago a partir de xuño

Só os residuos reciclables se poderán botar a calquera hora

Unha muller dubida en que colector botar o lixo
G24.gal 10/04/2025 16:13

O Concello de Santiago vai iniciar unha campaña de concienciación sobre os horarios de recollida de lixo que agora van máis alá dunha mera recomendación e serán de obrigado cumprimento. Só os residuos reciclables se poderán botar a calquera hora.

"A fracción de vidro mantense en horario diúrno de oito da mañá a dez da noite. E a de resto que debería ser a minoritaria unha vez que facemos unha separación óptima de todas as demais fraccións é a que esta limitada de nove a once da noite", explica Xesús Domínguez, concelleiro de Sostibilidade Ambiental e Servizos Básicos.

"Pois paréceme perfecto, creo que todos podemos a esas horas, levar os residuos", apunta unha veciña.

A nova ordenanza moi similar ao que se fai no resto de Europa entrará en vigor no mes de xuño. Ata entón haberá xente a pé de rúa informando a veciñanza sobre os horarios e ensinándolles a reciclar correctamente. Incumprir a normativa será motivo de sanción.

"E que ao final as persoas só atendemos se nos multan, non somos moi responsables", continúa a muller.

"Haberá unha primeira comunicación, en caso de reincidencia unha segunda comunicación  e no caso xa dunha terceira entón daremos parte aos servizos da policía municipal", conta o concelleiro 

Estas medidas chegan despois que a poboación, moita veces por descoñecemento, outras por falta de civismo, faga caso omiso aos horarios recomendados, non só en Santiago, sucede en case todos os concellos.

 "Pensei que se podería botar a calquera hora".

"Non tiñamos nin idea".

"Non é por falta de querer ou non querer, é por falta de información e coma a min pásanos a moitas", comentan varios veciños de Teo e de Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade