Piratéanlle as contas a unha fábrica de cervexa de Nigrán e pídenlle un rescate
Accederon as súas contas nas redes sociais e cambiáronlle os contrasinais
Pedíanlle 100 euros e como se negaron rebaixáron o rescate a 50
Unha pequena empresa familiar de Nigrán sofriu un ataque informático. Uns hackers fixéronse cos seus contrasinais das redes sociais. Andrés Toledano, xerente e socio da fábrica "Cervezas Banda", explica: "Non nos deixaba facer publicacións, pensabamos que era unha caída de internet. Algúns seguidores recibían mensaxes como se fosesn nosas para comprar bitcoins e xa nos perocupamos".
O hacker, presuntamente dende Bielorusia, pediulles un rescate para que puidesen recuperar a súa conta. "Comezamos a recibir mensaxes do hacker decindo que si lle pagábamos liberaba a conta. Negámonos e os 100 euros cambiaron noutras mensaxes a 50 euros. Negámonos por principios, non aceptamos chantaxes", lembra Toledano.
O maior problema é que ademáis de ser unha fábrica de cervexa, teñen sala de degustación, onde organizan actividades que comunican a través das redes, por iso dende a fábrica intentan "que os seguidores pasen á nova conta para que estean enterados das actividades que facemos: concertos, exposicións, degustacións".
Finalmente rexitaron pagar e pídenlle aos seus seguidores que que busquen a súa nova conta e denuncien a hackeada.