Tres persoas tiveron que ser rescatadas tras envorcar a súa embarcación na desembocadura do río Miño
Tres persoas tiveron que ser rescatadas tras envorcar a súa embarcación na desembocadura do río Miño
O accidente tivo lugar mentres pescaban nunha zona de fortes correntes
A voz de alarma dun pescador portugués puxo en marcha o operativo de salvamento
Os tres tripulantes practicaban pesca recreativa na desembocadura do río Miño cando a súa embarcación envorcou. Tras o aviso dun pescador portugués, a Policía Marítima de Caminha iniciou a busca.
Ao operativo sumouse a comandancia naval do Miño, que alertou o 112. Tras o afundimento, os tripulantes conseguiron chegar a nado ata as inmediacións da illa de Insua, onde foron rescatados.
O incidente produciuse nunha zona de fortes correntes, complicada para a navegación.
As tres persoas rescatadas de nacionalidade española foron trasladadas ao peirao da Pasaxe con principios de hipotermia e sen feridas de consideración. Desde alí ambulancia levounos ata o centro de saúde da Guarda para a súa avaliación.