Publicador de contidos

Publicador de contidos

O helicóptero Pesca 1 rescata dous mozos atrapados no illote da Garza, en Nigrán

O helicóptero Pesca 1 rescata dous mozos atrapados no illote da Garza, en Nigrán

Pedían auxilio dende as rochas e un particular, que se atopaba no miradoiro de Monte Lourido, alertou o 112

Chegaran ao lugar en caiac e ambos os dous foron trasladados ao hospital con feridas e rabuñaduras

Un momento do rescate
G24.gal 29/03/2025 18:37 Última actualización 29/03/2025 20:34

O helicóptero Pesca 1 do Servizo de Gardacostas de Galicia rescatou na tarde deste sábado dous mozos que quedaran atrapados no illote da Garza, no concello de Nigrán.

Un particular, que se atopaba no miradoiro de Monte Lourido, alertou o 112 sobre as 17:30 horas de que ambos os dous pedían auxilio dende as rochas, a onde chegaran en caiac.

A Policía Local, que xa tiña coñecemento do incidente por avisos de xente que paseaba pola zona, tiña a sospeita de que algún deles podería estar ferido.

O equipo do helicóptero Pesca I do Servizo de Gardacostas conseguiu rescatalos e trasladalos ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Un deles ten feridas nas pernas e o outro algunhas rabuñaduras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade