Recomendan non usar o sendeiro peonil do Paseo do Rato en Lugo destrozado pola borrasca Olivier
O sendeiro peonil está cheo de fochancas e pedras e camiñar pola zona non é seguro
Xa se solicitou unha actuación de emerxencia a Confederación Hidrográfica, pero recuperar toda esta zona levará meses
Fervenzas que se abren paso e as pontes que servían de paso totalmente destriuídas.. son as duas caras de Olivier no paseo do Rato en Lugo. Un espazo natural que quedou devastado pola borrasca.
O sendeiro peonil está cheo de fochancas e pedras. Camiñar por el non é seguro, a agua levantou a terra e a grava. O concello recomenda non usalo e camiñar polo carril bici. O Paseo do Rato é un dos espazos naturais máis frecuentado polos lugueses. Aqui veñen facer deporte, pasear ou simplemente gozar da natureza.
Hai que reconstruir o sendeiro, repoñer as pontes de madeira que atravesan o río e limpar o leito e as beiras. Xa se solicitou unha actuación de emerxencia a Confederación Hidrográfica, pero recuperar toda esta zona levará meses.