Publicador de contidos
Publicador de contidos

O programa Plancton de Afundación logra en cinco anos a retirada de 95 toneladas de lixo do mar

O programa Plancton de Afundación logra en cinco anos a retirada de 95 toneladas de lixo do mar

Plásticos ou especies invasoras afectan a biodiversidade e a actividade pesqueira

O sector da economía azul é un dos máis afectados polos efectos da crise ecolóxica

G24.gal 29/01/2025 13:52

228 embarcacións de oito confrarías galegas implicáronse en 2024 na limpeza das nosas rías. No illote Areoso, por exemplo, retiraron centos de quilos de plásticos, especies vexetais invasoras e artes de pesca que se perden por accidente.

"Esas artes de pesca que se perden están facendo unha pesca fantasma. Durante o verán, se chegan ás praias poden ocasionar un accidente", dixo Juan José Rial, patrón maior da Confraría de Pescadores da Illa de Arousa.

Sumados a plásticos e outro tipo de residuos, este ano foron 43 toneladas de contaminantes que se sacaron dos fondos mariños. 95.000 quilos de lixo en total nos cinco anos que leva Plancton, que tamén fixo limpeza na zona intermareal.

"No caso das mariscadoras a pé, hai plásticos que se enganchan á hora de traballar", destacou Adela Lestón, presidenta das mariscadoras de Muros.

Na rolda de prensa subliñaron outras consecuencias da crise ecolóxica, como os aluvións de auga doce ou a temperatura da auga. Juan José Rial Patrón maior da confraría de pescadores da Illa de Arousa "No verán, ben vedes que a temperaturas da auga chega a 23 ou 23,5 ºC, e iso para os bivalvos non é bo".

"As persoas que traballan neste sector son un exemplo de comportamento sostible, porque saben que isto é unha necesidade de futuro", subliñou Javier Fraga, director de Abanca Mar.

Porque é a economía azul, o sector que xa sofre directamente a crise ecolóxica global.

"As institucións públicas e tamén as privadas temos unha obriga moral: non podemos obviar o sufrimento das especies ou a estabilidade do planeta", declarou Miguel Angel Escotet, presidente de Afundación.

Xa van 3.000 voluntarios implicados neste programa de Afundación Obra Social, que busca espertar as conciencias ao concepto de xustiza ecolóxica, a responsabilidade que temos co planeta e o futuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade