Galicia terá 38.500 km2 máis de fronteiras submarinas
Á fronte da investigación está o xeólogo mariño galego Luis Somoza; a medida abre novas oportunidades baixo o océano Atlántico, tanto para investigar como para explotar os recursos
A ONU permite aos Estados reclamar como plataforma continental as zonas que se consideran prolongacións naturais do seu territorio baixo o mar
Nacións Unidas ratificará no mes de agosto a ampliación das fronteiras submarinas
Galicia ampliará as súas fronteiras submarinas en 38.500 quilómetros cadrados. A expansión será posible grazas á Convención da ONU sobre o Dereito do Mar. A medida abre novas oportunidades baixo o océano Atlántico, tanto para investigar como para explotar os recursos.
As fronteiras submarinas amplíanse cara ao oeste. E faise por un procedemento amparado pola ONU que permite aos Estados reclamar como plataforma continental as zonas que se consideren prolongacións naturais do seu territorio baixo o mar.
Esta ampliación abre un amplo abano de posibilidades. Dende a obtención de recursos como gas ou minerais, á posibilidade de pesca daquelas especies que están nalgún momento en contacto co fondo mariño.
A fronte da investigación está o xeólogo mariño galego Luis Somoza.
"A lura, o fletán..., calquera especie, centolas..., son susceptibles de ser soberanía do que se amplía", explica o investigador.
" A riqueza maior que existe actualmente é a riqueza biotecnolóxica, buscar moléculas antitumorais, fármacos nos fondos mariños, si se atopa un fármaco antitumoral, anticancro, a patente pasa a ser parte do Estado", engade.
Con todo, Somoza insiste en que esta ampliación de fronteiras, que deberá ser ratificada o vindeiro mes de agosto, serve de protección medioambiental e impedirá, por exemplo, que a zona se converta nun vertedoiro nuclear.