Publicador de contidos

Publicador de contidos

As empresas cren que o traspaso do litoral dará máis seguridade xurídica ás actividades do mar

As empresas cren que o traspaso do litoral dará máis seguridade xurídica ás actividades do mar

Para as patronais, xestionar a costa dende Galicia significa facelo con máis coñecemento

A Xunta poderá regular os usos na franxa marítima e controlará as concesións

Segundo a Administración, hai case 200 empresas e 3.800 edificacións afectadas pola lei de costas

G24.gal 09/04/2025 14:33 Última actualización 09/04/2025 15:06

As empresas do mar celebran que o Goberno Central e a Xunta pechasen a transferencia das competencias sobre o litoral. Que a costa de Galicia se xestione dende Galicia debería contribuír a dar respostas máis precisas. Por que un viveiro de mariscos ten que seguir ou non á beira do mar ou cantos anos de concesión máis pode ter unha conserveira establecida nunha ría. Os empresarios aseguran que ata agora, en moitas ocasións, a administración central aplicaba criterios difusos.

"O que vai cambiar é a proximidade e a seguridade xurídica que imos ter os operadores ao falar coa administración", asegura Roberto Alonso, o secretario xeral de Anfaco, a patronal da conserva. "O que estaba sucedendo é que cando ías a Madrid, depende do técnico que che tocase, aplicábache dous, tres ou vinte anos de prórroga en función do que considerase ese día",

O factor chave son as concesións de uso do dominio público marítimo-terrestre. Co traspaso das competencias do litoral, a Xunta terá capacidade para regular as actividades na costa e controlar os tempos.

"A actitude de Madrid ante Galicia á hora de determinar o uso da costa non viña definida polo que significa o mundo do mar e da pesca en Galicia fronte a outras comunidades nas que primaba o sector turístico", afirma Roberto Fariña, o presidente da Asociación de Depuradores e Comercializadores de Molusco.

Segundo a Xunta, arredor de duascentas empresas e tres mil oitocentas edificacións están afectadas dalgún xeito pola lei de costas en Galicia. Entre elas hai vivendas, naves, equipamentos públicos e actividades concretas, por exemplo unha gasolineira de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade