Rueda cualifica de "histórico" o traspaso da xestión do litoral que asina hoxe co Goberno
Pontón lembra que é o primeiro traspaso que a Xunta consegue en dezaseis anos e tirando de ironía asegura: "A este ritmo tardaremos trescentos anos en cumprir o actual Estatuto"
Besteiro cre que a sinatura deste traspaso evidencia a vontade de "colaboración" do Goberno central
A Xunta e o Goberno formalizan este mércores o traspaso desta competencia a Galicia

O traspaso da competencia de xestión do litoral que este mércores rubrican en Santiago o ministro de Política Territorial, Ángel Víctor Torres, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, coouse na sesión de control ao Goberno celebrada no Parlamento galego.
O xefe do executivo cualificou de "histórica" esta rúbrica en resposta á portavoz nacional do BNG quen falou na cámara da "histórica manifestación" celebrada este domingo en Compostela para denunciar os recortes e a privatización da sanidade pública.
Alfonso Rueda afeoulle á portavoz nacional do BNG que non vaia asistir ao acto que se celebra ás 12:00 da mañá no Pazo de Raxoi para formalizar o traspaso da competencia de xestión do litoral.
A voceira do Bloque, Ana Pontón, ironiza co feito de que Rueda saque peito tras conseguir asinar o primeiro traspaso en dezaseis anos e, tirando de ironía asegura: "Para vostede é histórico que se asine cunha competencia en dezaseis anos! Que quere, que o saquemos en volandas? A este ritmo tardaremos trescentos anos en cumprir o actual Estatuto".
Para o portavoz socialista, José Ramón Gómez Besteiro, a sinatura deste mércores denota a "colaboración" do Goberno central con Galicia. "Hai quen opta por colaborar e quen torpedea esa relación en función doutros fins".