Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta cualifica como "moi inicial" a proposta do Ministerio sobre a xestión do litoral a Galicia

A Xunta cualifica como "moi inicial" a proposta do Ministerio sobre a xestión do litoral a Galicia

Ánxeles Vázquez cualificou de insuficiente o documento recibido, xa que non aborda sequera a consignación orzamentaria que corresponde

Reclaman ao Goberno completar a transferencia antes de que o 23 de abril de 2025 se cumpra un ano da sentenza que avalou a lei galega de litoral

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, no Parlamento (Monica Arcay Carro) A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, no Parlamento (Monica Arcay Carro)
G24.gal 12/02/2025 13:14

A conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, considerou no Parlamento de Galicia que a proposta sobre a transferencia de competencias de xestión do litoral a Galicia remitida esta semana polo Ministerio de Política Territorial é "moi inicial".

A conselleira cualificou de insuficiente o documento recibido, xa que non aborda sequera a consignación orzamentaria que corresponde, malia que si aborda a relación tanto dos medios materiais e humanos, como de inmobles, que se traspasarían á comunidade.

Así mesmo, tampouco se abordou esta cuestión cos "funcionarios correspondentes" que deberán afrontar novas funcións cando se faga efectivo e por iso, a Xunta reclama ao Goberno completar esa transferencia de "plenas competencias" antes de que o 23 de abril de 2025 se cumpra un ano da sentenza do Tribunal Constitucional (TC) que avalou a lei galega de litoral.

"Podemos facer política pero o que facemos é traballar con lealdade e transparencia", expuxo a titular de Medio Ambiente.

Neste sentido, a conselleira indicou que o seu departamento xa deu pasos no desenvolvemento desta lei coa constitución dunha comisión interdepartamental, a consulta pública previa para crear un foro do litoral, a posta en marcha dun visor virtual de zonas protexidas, así como a consulta pública das directrices de ordenación do litoral, aberta ata finais do mes de marzo.

Pola contra, a deputada do PPdeG Paula Prado criticou a lentitude do Goberno neste traspaso, que evidencia que o Executivo estatal "concibe a política autonómica" en base a "intereses partidistas" e non ao "progreso territorial" e por iso, en Galicia, "non podemos seguir perdendo o tempo porque a Comunidade necesita xa os medios para desenvolver esta lei" que non debe seguir paralizada por "un goberno ocupado unicamente en tapar a corrupción".

Urxiu este traspaso que acumula anos de atraso e ante o que os galegos "demostramos máis paciencia da que merecía" o Goberno, que continúa "maltratando" a Galicia coa compracencia de PSdeG e BNG.

"Mexan por eles e din que chove", espetou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade