Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Semana Santa comeza con choiva e frío

A Semana Santa comeza con choiva e frío

A partir do luns entrará unha fronte que deixará intensas precipitacións e unha baixada de temperaturas

A situación mellorará cara ao Xoves Santos pero seguen esperándose choivas

G24.gal 13/04/2025 14:49

Se é dos que está a esperar polas previsións meteorolóxicas para decidir que facer durante esta Semana Santa, aproveite os raios de sol que regalarán unha gran parte de Galicia esta xornada porque todo apunta a que, a partir de mañá, o tempo mudará e a inestabilidade será a protagonista.

"Mañá imos ter un día de chuvascos, probables en calquera punto da comunidade. Chuvascos que, como ademais entran con aire frío, poden traer sarabia e treboadas. E ollo, que hai unha semana que a xente estaba na praia, pero mañá, co avance do día, irá baixando a cota de neve e xa na noite do luns ao martes poderiamos ver unhas folerpas na montaña de Galicia", avanza María Souto, meteoróloga de Meteogalicia.

O tempo desapracible continuará ata o mércores. Aínda así, semella que a xente está disposta a desfrutar do seu tempo de lecer e das procesións. 

A previsión vólvese complicar xa cara ao xoves e o venres, os días de maior peso dos desfiles procesionais.

"Que dan agora os modelos? Pois que na segunda metade da Semana Santa tamén vai haber chuvascos. Non semella que vaian ser tan intensos como luns e martes, pero si que poderemos ter algunha precipitación", apunta María Souto dende Meteogalicia, poñendo en evidencia a variabilidade deste tempo primaveral.

Con todo, chova ou vaia sol, en Galicia non fallarán actividades para desfrutar destas festas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade