Cargando resultados...
Ata setembro se poderán visitar as igrexas románicas da Ribeira Sacra
Un programa entre a Diocese de Lugo e o Consorcio da Ribeira Sacra permite abrir oito templos da zona
Cómpre facer unha reserva previa e consultar os horarios
O programa inclúe a visita a oito igrexas románicas da zona
G24.gal
15/04/2025 21:09
Última actualización 15/04/2025 21:23
Na igrexa románica de San Vicente de Pinol chama a atención a estrela de David que loce no rosetón e que se pode ver por fóra.
Agora o templo tamén se pode visitar por dentro, onde hai uns retablos de gran valor e unhas pinturas murais do século XVI. Contemplalas é posible grazas a un programa entre a diocese de Lugo e o Consorcio da Ribeira Sacra.
O programa inclúe a visita a oito igrexas románicas da zona. Dous veciños de Madrid foron os primeiros en entrar en San Vicente de Pinol. Os beneficios investiranse na conservación das igrexas.