Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller ocupa un piso en Lugo de forma ilegal

Unha muller ocupa un piso en Lugo de forma ilegal

O titular do piso descoñece cando se puido producir a ocupación e trunca a venda do piso, que tiña apalabrado

A situación resolverase por vía xudicial

G24.gal 16/04/2025 10:31

Unha muller ocupa un piso de forma ilegal e Lugo, concretamente no barrio de Fingoi. 

O propietario foi alertado polos veciños de esta situación solicitou o desaloxo de inmediato máis a muller non volveu saír do inmoble dende o día que se meteu dentro. 

O dono xa denunciou o ocorrido pero malia a súa rapidez non conseguiu que a muller deixase a vivenda, polo que terá que recorrer á vía xudicial. 

O titular do piso descoñece cando se puído producir a ocupación xa que acudía regularmente ó piso a facer traballos de mantemento e a revisalo. O suceso trunca, polo momento, a venda do piso, que tiña apalabrado antes da ocupación.

Unha patrulla acudiu ao inmoble e comprobou a presenza desta muller á que lle tomaron os datos para facer un informe e así activar o proceso xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade