Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan un home por romper os retrovisores de dez vehículos en Oleiros

Investigan un home por romper os retrovisores de dez vehículos en Oleiros

Segundo unha testemuña, o home adicábase a romper os retrovisores coas súas muletas

Os incidentes ocorreron durante o pasado mes de marzo neste concello coruñés

Foto: Garda Civil Foto: Garda Civil
G24.gal 17/04/2025 12:09

A Garda Civil de Oleiros investiga un veciño da localidade de Mera como presunto autor de nove delitos de danos, relacionados cunha serie de incidentes ocorridos durante o pasado mes de marzo en Oleiros.

Nestes sucesos, tal e como recolle o comunicado, un total de dez vehículos sufriron a rotura dos seus espellos retrovisores.

A investigación iniciouse por mor das diversas denuncias presentadas polos propietarios dos vehículos afectados.

Unha testemuña presencial observou o pasado 16 de marzo ao sospeitoso golpeando varios vehículos coas súas muletas e alertou de inmediato á Policía Local, que puido identificar o home pouco despois dos feitos.

Un elemento crucial para o avance da investigación foi o achado no lugar dos incidentes dunha peza dunha muleta rota. Esta peza coincidiu posteriormente cunha das muletas pertencentes ao home identificado.

Após as dilixencias practicadas, a Garda Civil procedeu á investigación do presunto autor, quen finalmente recoñeceu a súa implicación nos danos ocasionados aos vehículos durante a xornada do 16 de marzo.

As dilixencias instruídas pola Garda Civil foron remitidas ao Xulgado de Garda da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade