Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adestramento de portas abertas en Abegondo

Adestramento de portas abertas en Abegondo

Uns 600 afeccionados arrouparon o equipo no último adestramento

O domingo recibe en Riazor ao Tenerife

G24.gal 18/04/2025 17:20

Máis de 600 seareiros desafiaron o mal tempo do Venres Santo para acompañar o Deportivo no adestramento. O club abriu as portas da cidade deportiva de Abegondo para que os afeccionados puidesen ver aos seus ídolos. Foi unha xornada feliz para a rapazada herculina que tivo a ocasión de pedirlle autógrafos e de facerse fotos cos xogadores do primeiro equipo.

O Deportivo recibe o domingo en Riazor ao Tenerife. O cadro illeiro aférrase aínda á esperanza da salvación, que ten a 9 puntos de distancia. O seu técnico, Álvaro Cervera, non tivo problemas para revelar a súa idea de xogo: "Se fose un partido normal centraríamonos en defender e buscar unha contra pero esta vez non vai ser así. Imos buscar o mellor xeito de atacar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar