Empate do Deportivo nun partido de tolos con protagonismo arbitral (2-2)
O colexiado asubioulle dous penaltis a Pablo Martínez en xogadas revisadas polo VAR
Yeremay empatou no engadido da segunda parte despois doutro penati
O Deportivo empatou diante do Mirandés (2-2) nun partido de tolos. A actuación do colexiado Muresán e do VAR capitaneado por Ais Reig espertou moitas críticas polos xogadores do Deportivo ao asubiar dous penaltis en xogadas revisadas. Tamén igualou o cadro coruñés no engadido con outra pena máxima transformada por Yeremay.
No minuto 2 avisou o canario cun remate ao pau, xusto antes de que Villares aproveitara un pase de Petxarromán para marcar o primeiro do partido. A entrada do Deportivo foi moi boa e sorprendeu ao seu rival.
O Mirandés reaccionou mediado o primeiro tempo. Izeta estrelou un remate contra o poste e no minuto 32 chegou a primeira acción polémica cun penalti de Pablo Martínez sobre Panichelli. Do lanzamento encargouse Lachuer pero errou o lanzamento.
No segundo tempo remontou o equipo local nuns vinte minutos iniciais cheos de intensidade e polémica. Igualou Joel Roca no 53 recollendo un rexeite do traveseiro. No 58 o VAR volveu intervir por unha man de Pablo Martínez e Panichelli non desperdiciou o segundo penalti.
Seguiu acosando o Mirandés que obrigou a Helton a intervir con acerto en varias ocasións diante dun Deportivo sen capacidade de reacción. A ocasión para empatar tívoa o ourensán Diego Gómez no 88 cun remate cruzado que marchou rozando o poste.
Parecía segura a derrota pero no engadido Egiluz agarrou a Eddahchouri na área. Do lanzamento de penalti encargouse Yeremay que marcou o seu duodécimo gol no campionato.