Manzaneda abre dúas pistas este domingo tras as intensas nevadas
A estación de montaña abre para a práctica do esquí as pistas Seixo e Fontefría
As dúas pistas abertas suman un total de 1, 20 quilómetros esquiables, cun espesor de entre 5 e 10 centímetros

As intensas nevadas das últimas horas na provincia de Ourense trouxeron boas noticias para os amantes do esquí.
A estación de montaña de Manzaneda anuncia que este domingo vai abrir dúas pistas que teñen neve axeitada para a práctica dos deportes de neve. Son as pistas Seixo e Fontefría.
Segundo comunicou a estación de montaña, as dúas pistas abertas suman un total de 1,20 quilómetros esquiables, cun espesor de entre 5 e 10 centímetros. Tamén están operativos tres remontes.
As previsións metereolóxicas anuncian para este domingo ceos nublados, posibilidade de chuvia e rachas de vento. O vento podería complicar puntualmente o uso dos remontes.