Dez comunidades autónomas en alerta por chuvia, vento e neve en zonas altas
A fronte fría que entrou por Galicia leva a inestabilidade a outras nove comunidades
O mal tempo condicionará as escasas procesións previstas para este sábado santo
Tempo moi inestable para acabar a Semana Santa. Ademais de Galicia, outras nove comunidadesa autónomas están alerta por vento, chuvia ou neve en zonas altas. O mal tempo xa frustrou moitas das procesións que se celebran na noite do venres santo. Asi sucedeu en Logroño coa do Santo Enterro. O desfile comezou hora e media máis tarde pero pouco despois, e a pesar dos plásiticos para protexer as imaxes, a chuvia volveu aparecer e a procesión suspendeuse.
Noutros lugares, como Valladolid ou Madrid, optaron por celebrar os actos no interior das igrexas.
Mellor tempo tiveron en Menorca. A localidade de Maó si puido celebrar con normalidade a procesión do Santo Enterrro.
O sábado santo é diferente xa que a igrexa católica reserva esta xornada á meditación e o silencio. Con todo, algunhas cidades como Madrid, Sevilla ou Zamora, teñen previsto celebrar esta tarde a procesión da Virxe da Soidade.
Será se o tempo o permite xa que a fronte fría que entrou por Galicia trae chuvia, vento e neve a outras nove comunidades autonómas.