Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña derrota ao Covirán Granada (93-89), con máis sufrimento do previsto

O Leyma Coruña derrota ao Covirán Granada (93-89), con máis sufrimento do previsto

O equipo coruñés acaba cunha serie de cinco derrotas e mantén a ilusión da permanencia

O Covirán meteu medo no Coliseum cando case remonta unha desvantaxe de ata 17 puntos

Foto: EFE
G24.gal 19/04/2025 23:06

O Leyma Coruña volve sorrir. Sumou a sexta vitoria da temporada, e primeira desde o un de marzo pasado, cando derrotara ao Lleida tamén como local. Un resultado que precisaban os de Epifanio para seguir soñando cunha salvación que, aínda así, está moi complicada.

O partido entre os dous últimos clasificados comezou con igualdade, que se mantivo durante todo o primeiro cuarto (21-21). Taylor lideraba aos coruñeses con 7 puntos, mentres a peor noticia chegaba en forma de lesión de Thompkins, cunha escordadura de xeonllo.

No segundo cuarto o Leyma mantivo o ritmo e, con nove puntos de Font, marchaba ao descanso cinco arriba, 45 a 40.

A clave do partido foi o arranque do terceiro cuarto. O Leyma anotaba un 8-0 de parcial para fuxir a dez puntos e, a partir de aí, foi medrando esa vantaxe sen que o Covirán Granada fora quen de reducila. Cunha máxima de dezaseis puntos, obrigou a Pablo Pin a pedir tempo e, en parte, os seus cumpriron co que lles pediu . Volveron reducir a desvantaxe por debaixo dos dez e, a tres e medio do final, un parcial de 5-18 volvía meter aos andaluces no partido (87-84).

Chegou entón unha sucesión de erros dos dous equipos desde o perímetro e, a base de tiros libres, o Leyma pechou a vitoria que, ademais, lle abonda para superar ao seu rival tres a derrota por 3 da primeira volta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade