O Breogán cae na pista do Xirona (91-85) por culpa dun mal inicio e dun mal remate
Os de Casimiro chegaron a estar a un punto (74-73) pero condenounos un parcial de 11-0
O equipo catalán de Moncho Fernández colócase a un triunfo dos lugueses
Un parcial de 18-4 en contra nos primeiros seis minutos resultou determinante na derrota do Breogán que nadou o resto do partido para morrer na beira.
Neste primeiro cuarto, os lucenses pagaron o seu desacerto no tiro exterior con dous de once nos lanzamentos de tres. Uns números que contrastaron coas boas porcentaxes do Xirona cun 75 por cento de dous e un 50 por cento de tres que lles fixeron chegar con once puntos de vantaxe o remate do período.
Os de Casimiro foron recurtando diferenzas e incluso se impuxeron nos tres últimos cuartos pero non lles resultou suficiente. 45-35 foi o resultado o descanso despois de ir perdendo por dezaseis a falta de 1.36.
Tralo descanso, melloraron os lucenses, máis intensos defensivamente e acertados en ataque. Un parcial de 0-10 colocounos a tres puntos, pero Xirona respondeu cun once a dous que poñía nove de diferencia o seu favor.
O Breogán seguiu coa súa tarefa reductora. Grant, máximo anotador do encontro con 17 puntos, encadeou catro triplas no último cuarto que colocaron o seu equipo a un a falta de 4.44. Pero un parcial de once a cero en tan só dous minutos acabou coa resistencia lucense, que deberá agardar para pechar oficialmente a súa permanencia.