Publicador de contidos

Publicador de contidos

Darrun Hilliard rescinde co Breogán para asinar polo Unics Kazan ruso

Darrun Hilliard rescinde co Breogán para asinar polo Unics Kazan ruso

Tito Díaz: "Nestes dous meses vai cobrar case o mesmo que toda a tempada con nós"

G24.gal 09/04/2025 13:32 Última actualización 09/04/2025 13:36

O Río Breogán e o escolta estadounidense Darrun Hilliard chegaron a un principio de acordo para romper o contrato que unía a ambas as partes ata o próximo mes de xuño, despois de que o xogador recibise unha suculenta oferta económica do Unics Kazan ruso para incorporarse ao cadro dirixido por Velimir Perasovic.

Coa permanencia na liga Endesa practicamente asegurada, a entidade que preside Carmen Lence aceptou o desexo do xogador de cambiar de aires, o que lle permitirá liberarse dunha das fichas máis altas do equipo e recibir unha pequena compensación económica.

Tito Díaz: "O Unics terá que compensarnos".

"O importante é que o xogador manifesta que lle gustaría irse".

"Nestes dous meses vai cobrar case o mesmo que toda a tempada con nós".

Hilliard chegou o pasado verán a Lugo procedente do Piñeiral Karsiyaka turco

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade