Para Luis Casimiro, a marcha de Hilliard supón "un reto apaixonante"
O Breogán e o escolta estadounidense hegaron onte a un principio de acordo para romper o contrato que unía a ambas as partes ata o próximo mes de xuño
Como vai afectar a saída de Darrun Hilliard no Río Breogán? Luis Casimiro réstalle importancia e anuncian que buscan un substituto
"Como adestrador, para min é a apaixonante. Substituílo co resto do equipo, a nivel táctico...o xogador con máis minutos".
"É un reto e é apaixonante, temos que afrontalo así".
O Río Breogán e o escolta estadounidense Darrun Hilliard chegaron onte a un principio de acordo para romper o contrato que unía a ambas as partes ata o próximo mes de xuño, despois de que o xogador recibise unha suculenta oferta económica do Unics Kazan ruso para incorporarse ao cadro dirixido por Velimir Perasovic.