Duelo pola permanencia no Coliseum e estrea de Hughes na xornada ACB
O Leyma enfróntase hoxe (20:45h) co Granada, penúltimo clasificado
O Breogán recibe mañá (17:00h) ao Zaragoza
Último contra penúltimo. Dous equipos case desafuizados, Leyma e Granada. O que gañe recuperará folgos na procura do máis difícil aínda, a permanencia. Para os coruñeses, vencer por máis de tres puntos suporá o reforzo anímico de colocar ao seu rival de hoxe no último posto clasificación.
Era un 2 de novembro do pasado ano, cando o Breogán apañaba en Zaragoza a súa derrota máis ampla desde que existe a ACB. 58 puntos de difererenza fronte a un equipo maño que vista nesta xornaa o Pazo. Cambiaron moitos cousas, moitas caras, incluso a do adestrador. Pero o espítito de revancha debe existir.
Mañá un novo león ruxirá co Breogán. Elijah Hughes, a última fichaxe.