Cargando resultados...
O Fabril remonta con dez xogadores, pero acaba cedendo un empate en Llanera (2-2)
Germil e Nsongo marcaron mediado o segundo tempo despois da expulsión de Carreira
Tito Leyva empatou de penalti para o equipo asturiano
G24.gal
13/04/2025 12:29
O Fabril estivo a piques de lograr unha vitoria moi meritoria no campo do Llanera (2-2). Comezou perdendo cun gol de Tito Leyva aos nove minutos. No Pepe Quimerán facer fútbol é moi complicado polas dimensións do terro (90x45) pero o Fabril remontou cando máis complicado tiña o partido. Xusto despois da expulsión de Carreira (minuto 70) chegaron os goles de Darío Germil e Nsongo. Afrontou os últimos minutos en vantaxe pero o ímpetu dun Llanera que se xogaba a permanencia acabaron dándolle o empate cun penalti transformado polo propio dianteiro mexicano Tito Leyva.