Fabril e Avilés aceptan o empate sen goles (0-0)
Os dous equipos mantéñense en postos de play off de ascenso despois dun partido en que tomaron poucos riscos
Fabril e Avilés tiñan claro que o importante era non perder o partido. Nun partido de poucas ocasións asinaron un empate (0-0) que non lle vai mal a ningún dos dous. Ningún arriscou máis da conta e o empate pode considerarse como o resultado máis xusto.
No primeiro tempo só unha cabezada de Nsongo puxo a incerteza na bancada. Tamén unha cesión perigosa sobre o porteiro fabrilista Alberto que rematou nunha falta en ataque. Na segunda animouse o conto, sobre todo coa entrada de Kevin e Guerrero. Un pase de Kevin a Nsongo acabou co balón na rede pero o colexiado indicou fóra de xogo. A mellor para o filial deportivista estivo nas botas de Guerrero que non atopou o xeito de superar a Álvaro no man a man.