Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi Ferrol vai por todas na volta da gran final da Eurocup (20:30, G2 e Agalega.gal)

O Baxi Ferrol vai por todas na volta da gran final da Eurocup (20:30, G2 e Agalega.gal)

O conxunto ferrolán comezará o partido de volta en Francia diante do Villeneuve obrigado a remontar unha desvantaxe de tres puntos (75-78)

Podes seguir o partido en directo aquí

G24.gal 01/04/2025 20:21

O Baxi está a vintecatro horas do reto máis grande da súa historia. Corenta minutos en Lille decidirán as campioas da Eurocup. As ferrolás comparecen con tres puntos de desvantaxe pero coa moral intacta. 

Ese convencemento é produto dunha traxectoria impecable no torneo. O Baxi está preparado para darlle a volta á eliminatoria definitiva. Douscentos afeccionados arrouparán o Baxi no partido ante o Villeneuve. Milleiros seguirano en Ferrol. O resto farémolo a través da G2 e Agalega.gal o mércores a partir das 20:30 horas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade