Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conta atrás para o Baxi na procura do primeiro título europeo do baloncesto galego

Conta atrás para o Baxi na procura do primeiro título europeo do baloncesto galego

O encontro comezará ás 20:30 horas no Palacium da localidade gala, situada na área metropolitana de Lille, onde o cadro universitario terá que remontar o 75-78 adverso

G24.gal 31/03/2025 16:54 Última actualización 31/03/2025 16:59

O Baxi está de viaxe a Francia. A expedición do Baxi voa desde Madrid a París e logo á cidade de Lille. O mércores disputa o partido de volta da final da Eurocup co Villeneuve. 

O encontro comezará ás 20:30 horas no Palacium da localidade gala, situada na área metropolitana de Lille, onde o cadro universitario terá que remontar o 75-78 adverso da cita de ida, disputada este pasado mércores no pavillón ferrolán da Malata.

O consistorio convidou á cidadanía para acudir á céntrica alameda ferrolá, onde xa haberá ambiente de animación ao equipo preparado por Lino López desde dúas horas antes do inicio do compromiso. O partido será ofrecido pola G2. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade