Publicador de contidos

Publicador de contidos

O vestiario do Baxi confía: "Imos alí con todas as ganas de remontalo"

O vestiario do Baxi confía: "Imos alí con todas as ganas de remontalo"

Lino López agradeceu o papel do público e o que empurrou as xogadoras nos momentos duros do partido

Blanca Millán considera que cunha desvantaxe de só tres puntos "estamos vivas para a volta"

G24.gal 26/03/2025 22:17

O vestiario do Baxi Ferrol confía logo de xogar o partido de ida. Malia a derrota contra o Villeneuve (75-78) a diferenza foi moi pequena e decidirase o gañador da Eurocup Women de baloncesto no partido de volta, en terras francesas. A santiaguesa Blanca Millán estaba satisfeita do partido aínda que lamentaba a falta de dureza defensiva no primeiro cuarto no que o equipo rival conseguiu anotar 33 puntos. "Son tres puntos, seguimos vivas" concluía Millán. 

O adestrador, Lino López, quixo agradecer o papel do público que ateigou A Malata e animou como non se lembraba nas últimas décadas. "O público levantounos nos momentos duros e houbo moitos" asegurou o adestrador naronés. "Estou ledo, o resultado é curto e está todo por decidir" asegurou o técnico que sabe que o seu equipo irá á pista do Villeneuve "con todas as ganas de remontalo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade