Ferrol vibra coa disputa da primeira final europea do baloncesto galego
A cidade xa está preprada para vivir unha cita histórica para o deporte galego
O encontro poderá seguirse pola G2 e agalega.gal a partir das 20:00 horas
O Baxi Ferrol disputa esta tarde na Malata o partido de ida da final da Eurocopa de baloncesto. É a primeira vez que un club galego está ante unha cita europea deste nivel.
Todo preparado xa en Ferrol para a previa dun partido histórico para a cidade departamental e para o deporte galego. No seu debut en competición continental, as xogadoras do Baxi Ferrol disputan contra as francesas do Villeneuve na ida da final da Eurocup. Ferrol vive pendente do seu equipo nestas horas previas ao salto inicial.
A febre polo Baxi nunha cidade que vive moi de preto o baloncesto está desatada e as entradas están completamente esgotadas. 3.750 afeccionados encherán A Malata nun encontro que retransmitirá tamén a G2 e agalega.gal.
O que está claro é que, pase o que pase, hoxe e no encontro de volta en Francia polo menos para os ferroláns as xogadoras xa son campioas.