Ángela Mataix: "Temos confianza, se xogamos como sabemos podemos levalo"
Para a final do Baxi ante o Villeneuve ampliouse a ocupación da Malata ata chegar aos 3.750 espectadores
O Baxi disputa a ida da final da Eurocup feminina ante o Villeneuve-d’Ascq francés. A Malata estará a rebentar e haberá unha pantalla xigante fose para seguir un duelo no que senten o apoio de moitos recunchos de Galicia.
Ángela Mataix foi unha das xogadoras decisivas do equipo ferrolán.
"Temos confianza, se xogamos como sabemos podemos levalo. Non temos nada que perder".
Ampliouse a ocupación da Malata, ata chegar aos 3.750 espectadores
"En semis foi incrible e mañá, máis. O ambiente é clave. A gozar do partido, nós e a afección".
O primeiro partido disputarase este mércores na Malata, ás 20:00 horas (na G2 e en AGalega.gal), fronte ao ESB Villeneuve-d’Ascq e que vivirá a súa volta a próxima semana.