Publicador de contidos

Publicador de contidos

A afección entrégase co Baxi a unha semana da gran final da Eurocup

A afección entrégase co Baxi a unha semana da gran final da Eurocup

O primeiro día de venda de localidades despacháronse máis de 3.000 entradas sobre unha capacidade total de 3.500 localidades

G24.gal 18/03/2025 18:47

Queda unha semana para o partido de ida da gran final europea do Baxi Ferrol, e este martes comezaron a venderse as entradas para ese partido. A Malata volverá encherse. Ao longo da mañá, en poucas horas, xa se esgotaron os billetes para os non abonados que podían retirar os socios. No primeiro día despacháronse máis de 3.000 entradas. O pavillón da Malata ten unha capacidade de 3.500 localidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade