Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adrián Ben probará o seu momento nos 1.500 no Mundial de atletismo da China

Adrián Ben probará o seu momento nos 1.500 no Mundial de atletismo da China

O viveirense cambia a distancia e co seu carácter competitivo buscará a sorpresa para meterse na final

Efe
G24.gal 18/03/2025 21:43

Trece atletas españois competirán no Mundial de pista cuberta de Nanjing. Entre eles o viveirense Adrián Ben que tras quedar fóra do Europeo debutará nun gran campionato en 1500, distancia en que foi bronce en Italia 2017. O obxectivo de Adrián Ben é clasificarse e poder competir co favorito, Jacob Ingebritsen. 

O mediofondista lucense demostrou a finais de febreiro no World Tour de Madrid, onde obtivo a súa mellor marca persoal en 800 metros, que está nun gran estado de forma. Adrián defenderá o pavillón español no 1500 canda Mariano García.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar