Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adrián Ben roza a clasificación pero irá á 'repesca'

Adrián Ben roza a clasificación pero irá á 'repesca'

O galego chegou a poñerse na segunda posición, pero nos útlimos metros perdeu postos e rematou de cuarto

O galego terá outra oportunidade de pasar de rolda este xoves

Adrián Ben, na recta final da carreira. EFE Adrián Ben, na recta final da carreira. EFE
G24.gal 07/08/2024 12:33

Adrián Ben rozou a gloria, pero caeu con honra. O de Viveiro terá que ir á repesca despois de quedar de cuarto na súa serie nos 800 metros. Este xoves pola mañá terá a derradeira oportunidade para pasar á seguinte rolda e poder loitar polas medallas.

Na primeira volta á pista, Adrián mantíñase na parte de atrás, pola parte de fóra e coa mirada posta nos de adiante. Nos últimos 400 metros acelerou e chegou a poñerse de segundo moi preto do primeiro. Porén, non foi quen de manter a posición e rematou cuarto.

Non está todo perdido. A repesca pódelle dar o pase. A parte mala e que, no caso de pasar, iría con menos descanso que os seus rivais. Pero a intención é clara. Adrián quere ser o mellor da repesca e pasar como sexa. Pola súa cabeza non pasa nada que non sexa loitar polas medallas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade