Publicador de contidos
Publicador de contidos

Susana Rodríguez Gacio e a súa guía Sara Pérez, medalla de ouro en París

Susana Rodríguez Gacio e a súa guía Sara Pérez, medalla de ouro en París

Segundo ouro para a viguesa, que tamén logrou o mesmo metal en Tokyo 2020

Foto EFE
G24.gal 02/09/2024 12:58 Última actualización 02/09/2024 17:15

Susana Rodríguez Gacio e Sara Pérez logra o ouro paralímpico en París. Segundo ouro para a viguesa, que tamén logrou o mesmo metal en Tokyo 2020.

En 2016 competiu nos Xogos Paralímpicos do Río de Xaneiro xunto ao seu guía Mabel Gallardo, quedando en quinta posición na proba individual de tríatlon.5​6​7.

Rodríguez Gacio clasificouse para participar nos Xogos Paralímpicos de Tokio 2020, sendo a primeira española en competir en dous deportes nuns Xogos Paralímpicos: tríatlon e atletismo.

Consagrouse campioa paralímpica de tríatlon na clase PTVI xunto á súa guía Sara Loehr. Neses mesmos Xogos logrou a quinta posición en 1500 metros lisos da mesma clase, xunto ao seu guía Celso Comesaña.9​10​

Ademais, converteuse en candidata do Consello de Deportistas do Comité Paralímpico Internacional.11​ Ao longo da súa carreira deportiva obtivo ademais do ouro dos Xogos de Tokyo, dez medallas no Campionato Mundial de Tríatlon Adaptado entre os anos 2012 e 2023, e oito medallas no Campionato Europeo de Tríatlon Adaptado entre os anos 2013 e 2023.12​

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar