Cargando resultados...
Susana Rodríguez Gacio, hexacampioa do mundo de paratríatlon
Susana Rodríguez Gacio, hexacampioa do mundo de paratríatlon
A vixente campioa olímpica ratificou o seu dominio nas probas internacionais acadando un novo éxito
G24.gal
18/10/2024 12:30
A galega Susana Rodríguez Gacio (36 anos) conseguiu en Torremolinos o seu sexto título mundial de paratríatlon. A vixente campioa olímpica ratificou o seu dominio absoluto na tripla especialidade -natación, bicicleta e carreira- para impoñerse noutra das citas estelares da temporada.
O palmarés de Susana Rodríguez é impresionante. Na proba de Andalucía conseguiu a súa vitoria número 50, e engade aos seis títulos mundiais os dous olímpicos e os cinco europeos.