Publicador de contidos
Publicador de contidos

Apoios e críticas para Rafael Louzán para presidir a RFEF

Apoios e críticas para Rafael Louzán para presidir a RFEF

Louzán ten máis de 100 avais dun total de 142

A presión do CSD podería apartalo da carreira presidencial

G24.gal 03/12/2024 15:04 Última actualización 03/12/2024 15:10

Ás cinco da tarde, de maneira presencial, ou ás doce, de maneira telemática, saberemos quen se pode presentar á presidencia da Federación Española de Fútbol. Rafael Louzán ten máis de cen apoios, pero ten críticas. E iso podería cambiar o escenario.

Nas eleccións do 16 de decembro haberá 142 votos. Para ser candidato hai que ter 21 avais. Louzán supera a centena e a outra alternativa, Juanan Morales, está tendo dificultades para conseguir os 21 avais.

Con todo, Louzán podería botarse a un lado e que os seus avais foran parar a Miguel Merchán, secretario da federación estremeña, a opción de consenso pola falta de apoio do CSD ao presidente da federación galega. Unha falta de apoio por parte do goberno simbolizado no Consello Superior de Deportes

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade