Publicador de contidos
Publicador de contidos

A opción de Rafael Louzán gaña peso para presidir a Federación Española de Fútbol

A opción de Rafael Louzán gaña peso para presidir a Federación Española de Fútbol

O presidente da Federación Galega conta coa maioría dos apoios das territoriais e será candidato a suplir a Pedro Rocha

G24.gal 28/11/2024 16:49

Pedro Rocha non se poderá presentar ás eleccións da federación española de fútbol. Seguirá inhabilitado, e Rafael Louzán, presidente da Federación Galega de Fútbol, podería ser candidato o próximo 16 de decembro á presidencia da Real Federación Española de Fútbol.

Louzán conta co apoio de numerosas federacións territoriais, sería o candidato de consenso. Necesítanse 21 avais para ser candidato. O prazo para presentar candidaturas remata o martes día tres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade