A FIFA e a UEFA ameazan con sancións si a RFEF non elixe presidente en tres meses
A FIFA e a UEFA ameazan con sancións si a RFEF non elixe presidente en tres meses
"É moi complicado traballar na organización do Mundial 2030 sen unha cabeza visible na Federación Española", aseguraron nos organismos internacionais
A FIFA e a UEFA esixiron que a Federación Española de Fútbol elixa presidente nun prazo máximo de tres meses nun proceso democrático e coa axuda do Consello Superior de Deportes. Así se decidiu nunha xuntanza mantida por todas as partes na sede do CSD.
A petición da RFEF, representantes da FIFA e da UEFA estiveron presentes na xuntanza. Os organismos internacionais advertiron de que se o organismo seguía sen presidente nos vindeiros meses terían que actuar coa posible adopción de sancións.
O director de Asuntos Legais da FIFA, Emilio García Silvero, amosouse convencido de que non se chegará a ese punto aínda que aseugurou que internacionalmente hai moitas dúbidas sobre a situación da Federación Española.
"Para nós é complicado poder traballar cunha federación cando non hai presidente nun proxecto que vai durar seis anos máis", dixo en alusión á candidatura do Mundial de 2030 de España, Portugal e Marrocos, que debe ser ratificada como a organizadora no Congreso da FIFA o vindeiro 11 de decembro.