Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez di que o declarado por Aldama é falso e reta a Feijóo a propoñer unha moción de censura

Sánchez di que o declarado por Aldama é falso e reta a Feijóo a propoñer unha moción de censura

O presidente dixo estar tranquilo no que "respecta á sua persoa, ao seu Goberno e ao seu partido" porque todo é "categoricamente falso"

Feijóo pide a dimisión de Sánchez e ofrécese aos socios do Goberno para "abrir unha nova etapa"

EFE
G24.gal 21/11/2024 18:28 Última actualización 21/11/2024 19:20

O presidente do Executivo, Pedro Sánchez, asegurou este xoves que o declarado polo empresario Víctor de Aldama sobre el, o seu Goberno e o PSOE é "categoricamente falso".

EFE

Así se pronunciou o presidente do Goberno, en declaracións aos medios no Congreso, e en resposta ás afirmacións de Aldama ante o xuíz  asegurando que pagou comisións ao dirixente do PSOE Santos Cerdán e ao exministro José Luis Ábalos. Aldama tamén implicou a Sánchez na visita a España da vicepresidenta venezolana, Delcy Rodríguez, en 2020. 

Resposta á petición de dimisión do líder do PP

Sobre a petición de dimisión que fixo o líder do PP, Pedro Sánchez retou a Alberto Núñez Feijóo a presentar unha moción de censura, e así, "podería expoñer a súa alternativa de goberno", que, dixo Sánchez, "aínda no se coñece".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade