Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morren 6 persoas, catro delas menores, nun accidente de tráfico en Menorca

Morren 6 persoas, catro delas menores, nun accidente de tráfico en Menorca

Os menores tiñan idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos

Os adultos son unha muller de 48 e un home de 52 anos

Tres dos menores eran fillos da muller e o outro do home

G24.gal 23/11/2024 23:18

Tráxico accidente de tráfico en Menorca. O accidente produciuse contra as oito da tarde preto la cidade de Mahón.

No accidente morreron seis persoas, catro delas menores con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos. Os dous adultos falecidos son unha muller de 48 e un home de 52 anos, segundo as informacións facilitadas pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a Garda Civil e o 061.

Tres dos menores eran fillos da muller e o outro do home, todos eles españois e residentes en Mahón.

A Garda Civil investiga as causas do sinistro, no que non se viu implicado ningún outro vehículo. O coche no que viaxaban as seis vítimas, un Kia Creed, foise da calzada nunha rotonda no quilómetro 0,5 da estrada Me-14, ao lado do aeroporto de Menorca.

O coche chocou violentamente contra un muro situado xunto á vía e os seis ocupantes de vehículo, que ao parecer non levaban postos os cintos de seguridade, faleceron polo impacto no lugar dos feitos.

Segundo as estatísticas da Dirección Xeral de Tráfico, este ano faleceron 32 persoas en accidentes nas Baleares, entre o 1 de xaneiro e o 21 de novembro, cifra á que se sumaría un ciclista falecido este sábado en Bunyola e as seis vítimas de Menorca.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar