Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un camión leva por diante o cruceiro do Bo Xesús en Mazaricos

Un camión leva por diante o cruceiro do Bo Xesús en Mazaricos

Situado ao pé do Camiño de Santiago, tiña gran valor simbólico para os veciños

O Concello custodia a cruz nunha nave, á espera dunha posible restauración

G24.gal 22/11/2024 14:13

Decapitado e feito pedazos no chan. Así está o cruceiro de Bo Xesús, para desgusto de veciños.  De sempre foi o cruceiro da procesión do San Brais. Non saben canto tempo levaba alí, pero poderían ser séculos. 

As pegadas de maquinaria pesada na zona fan pensar que algún camión tirou abaixo o cruceiro e marchou. 

A cruz e o capitel están custodiados polo Concello de Mazaricos nesta nave, á espera dunha posible reconstrución. Ao parecer, o cruceiro non tiña un gran valor artístico, pero si histórico.

"Ten valor simbólico e histórico porque é o único vestixio de que no lugar onde se atopa, no Bo Xesús, había unha capela e un hospital de peregrinos", explica Xesús Antonio Jurjo, técnico de Cultura do Concello de Mazaricos.

Teñen previsto trasladar á nave o resto das pezas para evitar unha maior deterioración. Despois terán que analizar se é posible restaurar o cruceiro, sempre co visto e prace de Patrimonio.

Os veciños agardan que así sexa, para que non se perda a memoria da aldea e tampouco unha parada obrigatoria para os peregrinos que camiñan de Santiago a Fisterra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade