Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumenta a cifra de vítimas mortais de accidentes de tráfico en Galicia, con 82 falecidos

Aumenta a cifra de vítimas mortais de accidentes de tráfico en Galicia, con 82 falecidos

A Coruña é a provincia en que se produciron máis accidentes, cun 43 % do total

G24.gal 18/11/2024 14:16

O último deses sinistros graves produciuse esta mesma fin de semana. Un veciño de Quiroga, de 73 anos, faleceu tras caer co seu coche por un barranco duns 80 metros de altura. O balance no que vai de ano en Galicia deixa xa 83 falecidos no asfalto. É unha das oito comunidades autónomas onde sobe a sinistralidade mortal.

O mapa de accidentes das provincias galegas coloca en vermello as estradas da Coruña, onde faleceron 36 persoas, o 43% do total e un 80% máis que no mesmo período de 2023. Os últimos deses 36 falecidos foron dous mozos de 33 e 34 anos en Vedra, nun accidente múltiple que rematou con tres feridos máis o pasado xoves. Poucos días antes outro falecemento producíase en Curtis, cando o condutor dunha ambulancia perdía a vida tras bater contra o muro dunha vivenda. En Pontevedra, tamén se produciu un incremento, ao pasar de 20 a 22 falecidos mentres en Lugo (13) e Ourense (12) produciuse un lixeiro descenso, con dous e 3 vítimas menos.

Distraccións, exceso de velocidade e consumo de drogas e alcol seguen a ser as causas principais detrás dos sinistros. Un exemplo dese consumo de alcol ao volante producíase precisamente a pasada semana en Ordes, onde a Garda Civil detivo un camioneiro que multiplicaba por 7 a taxa de alcol, no quilómetro 41 da AP-9. Unha patrulla detectou que o camión circulaba pola autoestrada mantendo unha traxectoria errática, os axentes déronlle o alto, fíxéronlle a proba de alcol e drogas e o condutor deu unha taxa de 1,01 miligramos.

Con motivo do Día Mundial en Lembranza das Vítimas de Accidentes de Tráfico desta fin de semana, hoxe gardouse un minuto de silencio na Coruña, presidido polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade