Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un restaurante de Santa Comba, distinguido co premio á mellor sobremesa de España

Un restaurante de Santa Comba, distinguido co premio á mellor sobremesa de España

Aos galegos gústalles o momento da sobremesa

Nos restaurantes con moitos clientes teñen que poñer varias quendas para comer

Salón de sobremesa do restaurante O Retiro da Costiña de Santa Comba
G24.gal 18/11/2024 15:04

Prolongar o xantar non se pode facer a diario, pero cando hai tempo presta, e moito.

" É unha tradición, si, sobre todo as fins de semana cando se pode", conta unha muller.

É unha práctica moi enraizada na nosa cultura, que pode perigar.

"Antes facíase máis, pero agora nos restaurantes como que non lles gusta tanto xa iso".

 "Apuran a darche a comida para que marches, claro".

Pasa sobre todo nos restaurantes das cidades onde a afluencia de clientes é maior.

"Vímonos un pouquiño obrigados a poñer dúas quendas para comer e para cear, tamén", explica José Mario Veiga, encargado da polbeira O Piorno.

Nesta polbeira da rúa do Franco en Santiago, os clientes da primeira quenda quedan sen sobremesa.

"Moitas veces cando reservan xa llelo dicimos por teléfono, sobre todo cando é a primeira quenda, despois ao mellor na mesa, algunha mesa hai que dicirlle con bo tacto e tal, pero ben", continúa.

Nestoutro restaurante de Santa Comba a sobremesa é sagrada por tradición familiar, e por iso acondicionaron unha sala especial para favorecer a conversa. De feito acaban de recibir o premio como a mellor sobremesa de toda España.

"Nós no salón de sobremesa en que nos atopamos temos sete salas de estar porque son as mesmas sete mesas que temos no comedor. O que se busca é que un se encontre coma na súa casa ou un pouquiño mellor porque lles damos un servizo que ao mellor nas súas casas non poden ter", apunta Manuel Costiña, chef do Retiro da Costiña.

Aquí reivindícase o culto á sobremesa

 "É algo que está na nosa cultura, non se pode perder, hai que coidala, agarimala e practicala moito, sobre todo os que non se entenden porque nunha mesa comendo e logo cunha sobremesa todo o mundo termina entendéndose", sentencia o chef.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar