O grupo Nove e a Federación de Alzhéimer colaboran nun proxecto para protexer a memoria culinaria
O grupo Nove e a Federación de Alzhéimer colaboran nun proxecto para protexer a memoria culinaria
O resultado é un libro de cociña e un documental que se presentaron hoxe en Santiago
O seu propósito é protexer a memoria culinaria de Galicia e reclamar a validez das persoas que sofren enfermidades neurodexenerativas
Ante os fogóns dos mellores restaurantes de Galicia, 27 cociñeiros do Grupo Nove e 27 usuarias de Federación de Alzhéimer preséntanse decididos a espertar 'Os Sentidos da Memoria'. Así se chama este proxecto para sacar a flote lembranzas que son parte do noso patrimonio inmaterial. Son receitas cada vez menos practicadas porque os tempos cambiaron: "Eu traballei no campo sempre, pero vin para a cidade, e a torta non se fai sen roxóns, que había que matar o porco", conta Mucha, unha das participantes.
"Parar a escoitar a xente maior é marabilloso. E a cociña tamén ten ese punto de sentimento, como cando se fala da banda sonora da nosa vida, que escoitas unha canción e lémbrache un momento importante..., así pasa tamén cos arrecendos e os sabores", declarou Daniel Guzmán, cociñeiro do grupo Nove.
"Penso que Nove existe para facer proxectos así, para que non se perdan esas receitas que conservaron estas mulleres, que foron as que sostiveron todo", dixo Lucía Freitas.
"E sobre todo deixar moi claro que un diagnóstico de demencia non cambia as cousas e que as persoas seguen tendo os mesmos sentimentos e moito que dicir durante moito tempo", remachou Javier Hermida, traballador Social de FAGA
De momento, e só para empezar, todo o saber recollido está nun receitario é nun documental que promete.