Publicador de contidos
Publicador de contidos

Senllos premios para a cociña tradicional de vangarda feita en Galicia

Senllos premios para a cociña tradicional de vangarda feita en Galicia

Tres pratos de tres cociñeiros galegos elixidos os mellores no Congreso San Sebastián Gastronómika

Santiago e bisbarra presumen de ter os mellores callos do mundo 2024 e as mellores ensaladilla rusa e sopa de peixe de España deste ano

O 'vaquicocho', trofeo de San Sebastián Gastronómika para os mellores callos do mundo
G24.gal 19/10/2024 15:30 Última actualización 18/10/2024 19:08

A tradición gastronómica de Galicia acaba de recibir o máximo recoñecemento no congreso San Sebastián Gastronómika, celebrado ao abeiro do Basque Culinary Center.

A xuízo dos críticos culinarios, tres receitas galegas son as mellores de España e do mundo, preparacións humildes da cociña galega como son a sopa de peixe, os callos e a ensalada rusa, cun elemento en común: innovar aproveitando ao máximo a calidade da materia prima, cen por cento galega.

Revisitan as ensinanzas das avoas co reto de sorprender. As preparacións galegas porén agochan os seus segredos como unha maionesa de bote ou tres días de coccións.

Os premios déronlles enerxía e ilusión e afortunadamente, tamén traballo. Ningún contaba con tanta repercusión no seu día a día. Nos dous días seguintes ao premio, o Pampín Bar vendeu 16 quilos de ensalada rusa, un éxito que vai facer que a receita quede na súa carta ata o Nadal.

Non fai falla sentar nos restaurantes para gozar da ensalada rusa premiada ou dos mellores callos do mundo, porque as preparacións tamén se poden encargar para levar para a casa.

De quitado a satisfacción e a difusión, o trofeo non ten dotación económica. O seu gran premio é cociñar en Galicia e gustar alén das súas fronteiras, coa reinterpretación como tributo á sabedoría culinaria dos antepasados

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar